Xilófono

Xilófono.  
Nome. Castelán: xilófono. Italiano: xilofono. Francés: xylophone. Inglés: xylophone. Alemán: xylophon.
Familia. Percusión determinada.
Xilófono
Como é? É un instrumento de percusión que consiste nunha serie de láminas afinadas en escala cromática. As láminas son de madeira e de diferente lonxitude. Componse dunha armazón metálica con dous soportes a cada extremo, coroados por dous marcos de madeira sobre os que repousan os tubos resonadores e as láminas de madeira. En cada lámina está impresa a nota que produce.
Como produce o son? Produce o son ao bater coas dúas baquetas nas láminas de madeira.
Historia. A súa orixe é incertae debátense tres posibilidades: Indonesia, África e Suramérica. Algúns historiadores afirman que en primeiro lugar aparece en Indonesia desde onde foi introducido en Africa polos mercadores árabes, négome a crer que, ao ser láminas de madeira dispostas en ringleira. Ouros historiadores afirman que "o xilófono de Mozambique" coa súa disposición en ringleira de láminas de madeira xa aparece en Africa, polo menos na mesma época que se desenvolve en Indonesia. Os xilófonos africanos que coñecemos posúen uns resonadores debaixo dalgunhas láminas, coa idea de facer máis voluminosas algunhas notas determinadas. Estes instrumentos golpeados usábanse habitualmente para acompañar as danzas. Aínda que é posible que este instrumento estivese considerado pouco na tribo pola súa necesidade de que o tocador estivese quedo e non puidese danzar, nin moverse, tamén é certo que existían todo tipo de dispositivos para facer deste instrumento un son tan popular como o dos tambores de man ou tambores de varilla (aqueles que eran golpeados cun pau). Con respecto á orixe suramericana dos instrumentos de láminas de madeira, os criterios parecen coincidir en que foron escravos negros os que introduciron este tipo de instrumentos ao chegar ao continente desde África.
En Europa aparece no seculo XV. A mediados do século XX desenvólvese por completo, tanto no tocante á súa execución como no seu aspecto técnico e físico, achegando, deste xeito, a posibilidade á orquestra da súa utilización completa. Hoxe en día estea considerado como un instrumento imprescindible para a sección de percusión dunha orquestra sinfónica.
Curiosidades. A orde das láminas é similar á orde do teclado de piano. 
O seu nome vén do grego "xilo" (madeira) e "phono" (son).  É un instrumento de percusión que consiste nunha serie de láminas afinadas en escala cromática. Hoxe é un instrumento imprescindible na sección de percusión da orquetra sinfónica.

Audición:


É... Aínda máis sobre o xilófono:
Toca o xilófono virtual