Trompeta


Trompeta
Nome: Castelán: trompeta. Italiano: Tromba. Francés: Trompette. Inglés: trumpet. Alemán: trompete.
Familia: Vento metal
Como é? A trompeta está formada por un tubo de metal dobrado sobre si mesmo de sección cilíndrica abríndose no seu extremo nunha moderada campá. Utiliza o sistema de pistóns que son como comportas que deixan pasar o aire. Utiliza unha boquilla de copa semiesférica. A trompeta, que mide aproximadamente 50 centímetros, está composta basicamente pola embocadura, os pistones, as tubaxes e o pavillón. A embocadura é o lugar en que o trompetista fai contacto cos seus beizos para soprar e producir o son. As tubaxes están en forma de espiral e miden 180 centímetros. Os pistones son tres válvulas que transportan o aire polas diferentes partes da tubaxe da trompeta; están provistos dos pulsadores de botón que son accionados polo músico para lograr presionar o aire.
Como funciona? Cando sopramos, temos que conseguir que os labios fagan de lingüetas, batendo un contra o outro para poder producir o son. A trompeta é o instrumento máis agudo desta familia.
A súa historia. É o máis antigo dos instrumentos vento metal. A historia da trompeta remóntase ás orixes da historia da humanidade. A Biblia ofrece o testemuño da súa importancia nas cerimonias relixiosas primitivas; Homero, o do seu uso na batalla. Dunha época anterior á de Homero datan as trompetas que se atoparon na tumba do faraón Tutankamón (reinou de 1358 a 1353 a. C.). O seu bo estado de conservación permitiu transmitir por radiotelefonía o son deses instrumentos. Catro séculos antes da era cristiá, os gregos incluían certames de trompeteiros no programa dos Xogos Olímpicos. Na escultura romana pódese observar que as trompetas aparecían en todas as procesións. Na Idade Media este instrumento presentaba dúas formas ben diferenciadas, unha das cales (claro) é a orixe da moderna familia das trompetas , e a outra (bucina) da familia de trombóns.
Nun principio o "claro" tiña un tubo recto e longo, pero máis tarde, para facelo máis fácil de transportar, reduciuse a lonxitude do instrumento dobrando o tubo en forma de zig-zag; xa entón o seu nome corrente era clarión, denominación que, aínda que variada, nunca se abandonou.
A gran importancia da trompeta nos conxuntos instrumentais antigos advírtese no feito de que, dos corenta e dous instrumentistas adscritos á corte de Enrique VIII, catorce eran trompetistas.
A historia da trompeta na orquestra comeza, en realidade, nos primeiros anos do século XVII.
Händel escribiu partes moi agudas e floridas para este instrumento, como o seu "Let the bright seraphim" (en Sansón) e "The trumpet shall sound" (O Mesías). Logo desta época a trompeta perdeu o seu papel destacado para pasar a ocupar un posto secundario.
No século XIX Adolphe Sax perfeccionou o sistema de pistóns, dándolle o aspecto que ten actualmente.
Obras:
Haendel: Aria do Mesías.
J. S. Bach: Misa en si menor.
Beethoven: Abertura Eleonora.
Wagner: Motivo da espada nos Nibelungos.
Bizet: Carmen.
Reger: Variacións sobre un tema de Hiller.
R. Strauss: Feuernost.
Stravinski: A historia do soldado.
Casella: Serenata para quinteto.
Audición:

Partes da trompeta

E... aínda máis sobre a trompeta:

Como se fai unha trompeta?  Todo o proceso para construír un violín. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.

# Move a trompeta virtual.
...................................