Instrumentos percusión

Percusión
É un tipo de instrumento musical no que o seu son orixínase ao ser golpeado ou axitado o instrumento musical.
1. Percusión indeterminada. Son aqueles instrumentos que non producen notas musicais, e só se poden facer con eles ritmos.
Bombo
Bombo. É un  tambor de gran tamaño que se golpea cun mazo de cortiza e produce un son grave e potente. Pode ter unha ou dúas membranas que se tensan con varillas ou parafusos. O seu son é tan potente que se pode escoitar a unha distancia considerable. O seu son recorda as pegadas dunha persoa.


Tambor
Tambor. É un instrumento musical que consiste nunha ou dúas membranas tensadas chamadas parches suxeitas a un bastidor en forma de tubo chamado caixa. Faise soar golpeando a membrana coas mans ou con dúas baquetas. Tamén se pode percutir na caixa do tambor para producir son.


Pratos
Pratos. Son discos finos, delgados e cóncavos, de bronce ou latón, que se chocan ou se golpean, separadamente, con baquetas duras ou brandas. No centro teñen un burato para colocar unha correa de coiro que fai a función de asa. A súa orixe está nun instrumento da Antigüidade chamado crótalo (semellante a unhas castañolas). Dende Oriente Medio chegaron ao Imperio romano onde os turcos aumnetáronlle o seu tamaño ata darlle un aspecto semellante ao que ten na actualidade. Na época do Romanticismo integrouse no grupo de instrumentos de percusión da orquetra sinfónica.


2.- Percusión determinada. Son aqueles instrumentos que producen notas musicais (do, re, etc.), e podemos facer con eles melodías.
Xilófono

Xilófono. O seu nome vén do grego "xilo" (madeira) e "phono" (son). A súa orixe é incerta e en Europa aparece no seculo XV. É un instrumento de percusión que consiste nunha serie de láminas afinadas en escala cromática. As láminas son de madeira. En cada lámina está impresa a nota que produce. Tócase con dúas baquetas. Hoxe é un instrumento imprescindible na sección de percusión da orquetra sinfónica.


Timbal
Timbais. Son unhas caixas de metal en forma semiesférica. Levan unha membrana na parte superior da caixa. Instálanse sobre un trípode de aros de madeiras ou metálicos. A membrana soe estar feita de pel de cabra ou vaca. A percusión realízase con dous mazos de madeira. Segundo o grao de tensión da membrana obtéñense sons máis ou menos graves. É un instrumento que forma parte da orquetra sinfónica.