Manuel de Falla

Manuel de Falla
Nome: Manuel María de los Dolores de Falla y Matheu.
Data nacemento: 23 de novembro de 1876, Cádiz (España).
Data morte: 14 de novembro de 1946 , Alta Gracia (Arxentina).
Nacionalidade: Española.
Movemento artísitico: Nacionalismo
Artista: Compositor e pianista. 
Obras. 1905 A vida breve (ópera). 1906 Catro pezas españolas (piano). 1915 Sete Cancións Populares Españolas (voz e piano), O amor bruxo (ballet), Noites nos Xardíns de España (piano e orquestra). 1919 O sombreiro  de tres picos (ballet baseado no Corrixidor e a Molineira), Fantasía Bética (piano). 1920 Homenaxe a Debussy (guitarra). 1922 O retablo de Maese Pedro (obra escénica baseada no Quixote). 1924 Psyché (canto e cinco instrumentos). 1926 Concerto para clave e cinco instrumentos.  Póstuma; Atlántida (oratorio completado por Ernesto Halffter).
Recibiu as súas primeiras leccións musicais da súa nai, unha excelente pianista que, ao advertir os innegables dotes do seu fillo, non dubidou en confialo a mellores profesores. Na súa infancia, Manuel de Falla soñaba con ser escritor ou debuxante. Aos doce anos escribe unha revista caseira chamada "O Cascabel" onde el mesmo é director, empresario e columnista.
En 1893, tras asistir a un concerto en Cádiz onde se interpretaron, entre outras, obras de Edvard Grieg sentiu, segundo as súas propias palabras, que a súa "vocación definitiva é a música".
A partir de 1896 comezou a viaxar a Madrid para asistiu ao Real Conservatorio de Música.
En 1901 coñeceu a Felipe Pedrell, quen tería notable influencia na súa posterior carreira xa que espertou nel o interese polo flamenco e, en especial, polo cante jondo. A música popular, o folclore, entraron a formar parte tamén do seu universo.
A vida de Falla está marcada por cinco cidades: Cádiz, Granada, Madrid, París e Bos Aires. Entre 1907 e 1914 viviu en París, onde coñeceu a Debussy e Ravel.

Outras cousas:

# Os últimos vinte anos da súa vida pasounos traballando na que consideraba había de ser a obra da súa vida: a cantata escénica A Atlántida, sobre un poema do poeta en lingua catalá Jacint Verdaguer, que lle obsesionou desde a súa infancia. O estalido da guerra civil española obrigoulle a buscar refuxio en Arxentina, onde lle sorprendería a morte sen que puidese culminar a súa última obra. A tarefa de finalizala segundo os esbozos deixados polo mestre correspondeu ao seu discípulo Ernesto Halffter.

# Falla foi o único compositor participante na homenaxe dedicada a Góngora en 1927 que serviu para definir á "Xeración do 27". A súa amizade con Lorca ou Alberti, ou a súa correspondencia con Gerardo Diego, son só uns exemplos da intensa vida intelectual despregada polo compositor, o único español logo de tres séculos, con Albéniz e Granados, que conseguiu renome internacional, e o máis dotado dos tres. 

# Manuel de Falla, tiña unha forte aversión á sucidade, ata o punto de ter que desinfectar persoalmente con alcol cada unha das teclas do piano no que tocaba cando daba un concerto, polo simple feito de que pasara por moitas mans. Tiña fobia aos microbios. Ata chegou a desenvolver unha tendinite de tanto lavarse as mans.

# Gustáballe tamén facer ximnasia e fíxose a súa propia táboa con recortes de debuxos nos que aparecían deportistas levantando pesas.

# Manuel de Falla era profundamente relixioso, cun concepto cristián da vida, tomaba a comuñón a diario e se algún día non podía ir á igrexa era o cura quen acudía á súa casa.

# Falla inxería unha gran cantidade de medicamento diaramente, sobre todo os que contiñan fosfatos.

# O recordo da morte do seu amigo García Lorca, xunto coas seus aprensións leváronlle á idea absurda de que o estaban envenenando por motivos políticos; temor que, segundo Madariaga, impulsoulle a exiliarse en Arxentina ao final da súa vida.

# Como homenaxe ao seu labor artístico, o Banco de España decidiu empregar un retrato de Manuel de Falla no anverso dos billetes de 100 pesetas, que foron emitidos a partir do 19 de novembro de 1965. Este billete foi o de maior circulación durante a década dos anos 1970 e estivo en circulación ata a entrada do euro.