Händel


Nome: Händel, Georg Friedrich
Data Nacemento: 23 de febreiro de 1685, Halle (Alemaña).
Data Morte: 14 de abril de 1759, Londres.
Nacionalidade: Inglés de orixe alemá.
Movemento artísitico: Barroco. 
Artista. Compositor e organista.
Obras. Oratorio “O Mesías”. Música acuática: suite nº 2 en re maior “Alla Hornpipe” hwv 349. Concerto grosso. Zadock the priest. Música para os reais fogos artificais. Rinaldo (ópera). Xullo César (ópera)...
 
Georg Händel foi fillo dun barbeiro e cirurxián ao servizo do duque de Sajonia-Weissenfels. O temperán interese do neno pola música, non foi moi ben visto polo seu pai; quen lle negou o acceso aos instrumentos musicais e insistía en que debía estudar leis. O duque de Sajonia-Weissenfels, téndoo escoitado tocar o órgano cando tiña nove anos, persuadiu ao seu pai para que recibise educación musical.
A morte do seu pai o 14 de febreiro de 1697, cando Georg estaba por cumprir os 12 anos, significou liberarse da fonte de oposición para os seus estudos musicais.
Georg Friedrich Händel
De 1706 a 1710 permaneceu en Italia, onde coñeceu aos Scarlatti e a Corelli, quen influíron de forma notable na súa música, e onde adquiriu celebridade como organista e como clavecinista.
En 1712 estableceuse de forma definitiva en Londres.
Cego desde 1751, ditou a súa música a J.C. Smith.
Á súa morte, foi enterrado na abadía de Westminster, onde reciben sepultura os personaxes ilustres de Inglaterra.
 
Outras cousas:

# No celeiro da casa onde vivía, estaba abandonado un vello clavecín: durante a noite escoitábanse sons armoniosos que se atribuían a un trasgo traveso. Pero un día, os habitantes da casa, decididos a aclarar o misterio, provéronse dunha lámpada e de senllos garrotes, e encamiñáronse cara ao celeiro: abriron a porta e, ante o sombro xeral, descubriron que o trasgo traveso non era outro que o pequeno Georg Friedrich quen, vencendo o temor á soidade e a escuridade, deixaba o seu leito para ir recrearse co abandonado instrumento. 

# O nome orixinal do compositor alemán era Georg Fiedrich Händel e ao nacionalizarse británico cambiouno por Goerge Frideric Haendel. 

# En decembro de 1704, nunha representación da ópera "Cleopatra" de Mattheson, Händel negouse a deixar o seu lugar no clavicordio para que o contiuase tocándoo Mattheson xa que terminara de cantar o papel que tiña na ópera. Este feito motivou que os dous homes se enfrontran nun duelo, onde a vida de Händel salvouse só porque a punta da espada de Mattheson rompeuse ao chocar cun botón da casaca de Händel. 

# Haendel saíra un día de verán a pasear cando repentinamente lle sorprendeu unha tormenta, polo que debeu refuxiarse precipitadamente nunha fragua. Deu a casualidade de que o ferreiro canturreaba mentres traballaba. Haendel, fascinado "pola combinación do son do martelo golpeando o metal e o viril timbre da voz do ferreiro", memorizou aquela melodía e en canto chegou á súa residencia, sentou e púxose coa clave, dando forma ao cuarto movemento (Air and Variations), da suite número 5 para clave.

Partitura orixinal do Mesías
# En 1737, un ataque de parálise obrigoulle a permanecer unha tempada inactivo e retirouse a Aquisgrán. Alí recomendáronlle uns baños de auga por períodos curtos, quizais 30 minutos non máis polo perigo dun ataque cardíaco. Todo iso en pos da súa rehabilitación. Contradicindo todo o aconsellado, facía eses baños con duracións de ata 9 horas e tal foi o efecto que se recuperou case totalmente. 

# Händel tardou 21 días en crear "O Mesías". Todo xurdiu grazas a unha carta de Jennens, o poeta que escribira o libreto dalgunha das súas obras anteriores. Nela dicíalle que lle mandaba un novo poema e que esperaba que o mestre dese lirismo ás súas pobres palabras. Händel quedou embaucado polas estrofas e nesas tres semanas non saíu nin sequera da súa habitación. Así conseguiu acabar a súa obra cume. 

# O copista ao que lle entregou Händel o borrador do Mesías tardou 21 día en pasalo a limpo o que nos indica a rapidez coa que foi ideada esta composición. 

# Durante a execucion do Aleluia, do Mesias, realizada en Londres na primavera de 1743, o rei de Inglaterra, Jorge II quedo tan impresionado que se puxo de pé. A partir de entón, mantense a tradicion de porse de pé o público, cando se interpreta o Aleluia. 

# "O Mesías" foi un éxito. Nunca antes se reunira tanto público (700 persoas) para contemplar unha estrea. 

# Häendel nunca cobrou diñeiro algún por la súa obra "O Mesías": doouna a un hospital. "Será sempre para os enfermos e para os presos, pois fun un enfermo e con ela cureime; e fun un preso, e ela liberoume". 

# Händel dirixiu O Mesías ata a súa morte. A comezos de abril de 1759, terminado o concerto, se desmaiose e foi levado a súa casa, onde o deitouron e máis tarde morreu. O seu desexo era morrer un venres santo, pouco lle faltou xa que o día da súa morte, o 14 de abril de 1759, foi sábado santo. 

# O himno da Champions League é unha adaptacion da súa obra Zadok, o sacertote.

Máis informacion: http://es.wikipedia.org/wiki/Georg_Friedrich_Händel