Johan Strauss

Johann Strauss
Nome. Johann Strauss.
Data Nacemento. 25 de outubro de 1825, St. Ulrich (Austria).
Data Morte. 3 de xuño de 1899, Viena (Austria).
Nacionalidade. Austríaca.
Movemento artísitico. Romanticismo. 
Artista. Compositor, violinista e director de orquestra. 
Obras. "O Danubio azul" (vlas). Sangre vienesa (vals). Vals do emperador (vals). O cabaleiro Pásmán (ópera). 

Fillo primoxénito do compositor Johann Strauss e irmán dos compositores Josef Strauss e Eduard Strauss; pero ningún alcanzou a súa fama e foi coñecido en Viena como «o rei do Vals».
Johann Strauss respondeu rapidamente á música sen importarlle as contradicións do seu pai. O seu pai, Johann Strauss I, tamén compositor e condutor, non quería que os seus fillos se decantase pola difícil e estresante vida da música. Cando o pai de Johann escoitouno practicar co violín, arrebátolle o instrumento gardándoo fore do alcance do rapaz. Ao día seguinte a nai de Johann comproulle outro violín e fixo o posible para que el puidese practicar na casa dun amigo. 
Neno prodixio, compuxo o seu primeiro vals cando só contaba seis anos. Cando o seu pai abandonou á familia, contando Johann 17 anos, puido este dedicarse plenamente á súa carreira como compositor.
Aos 19 anos realizou a súa primeira aparición en público dirixindo a súa propia orquestra.
O 15 de outubro de 1844 entrou na historia da música. Ese foi o día en que Johann Strauss fillo entrou por primeira vez, sen o consentimento do seu pai, no Casino Dommayer de Hietzing con orquestra e composicións propias. O público do local, que estaba cheo ata rebentar, entusiasmouse rapidamente con Johann Strauss, fillo. Pedía escoitar sempre unha canción máis. Ata dezanove veces tivo que repetir algunhas pezas. Un dos valses que interpretou esa noite era unha composición do seu pai. A súa relación deteriorárase moito a raíza da separación da súa nai e xa volvería a ser boa de todo. O debut do mozo Strauss foi un éxito irresistible e a prensa escribiu: "¡Boas noites, Lanner! ¡Boas noites Strauss pai! ¡Bos días, Strauss fillo!".
Logo desta primeira actuación, varios establecementos ofrecéronlle a oportunidade de presentarse e pouco despois publicaríanse xa as súas primeiras composicións pola editorial Mechetti. Desencadeándose unha loita musical entre pai e fillo, os dous porían todo o seu empeño en gañarse aos críticos da prensa, intentando así gañarlle terreo un ao outro.
O verán de 1847 a familia fixo as paces: dise que na véspera do santo do pai, Johann fillo tocoulle unha serenata, obtendo o perdón do seu pai. Cando Strauss pai morreu en setembro de 1849, o fillo encargouse da orquestra do seu proxenitor. Nos funerais do 11 de outubro faría a súa primeira saída a escena coa orquestra paterna, tocando "O réquiem" de Mozart. Os músicos, con todo, opúñanse ao mozo co que non lle quedou máis remedio que disolver eventualmente a orquestra e reorganizala de novo. 
Johann Strauss conseguiu tamén facer realidade outro dos seus soños: quería demostrarse a si mesmo e ao mundo que era capaz de escribir música "seria". O 1 de xaneiro de 1892 tivo lugar a estrea da súa " Pasman" na Premiere da Ópera de Corte.
Terminou a primeira versión do seu ballet "A Cincenta" no outono de 1898, pero morreu sen poder asistir á súa estrea. 

A finais de maio de 1899, Johann Strauss arrefriouse e sufriu unha indisposición gástrica.
Como consecuencia dunha neumonía, a principios de xuño caeu inconsciente. Parece que sentía que chegaba a súa hora, porque a súa muller oíalle tararear suavemente durante os seus momentos de lucidez a melodía "Brüderlein fein, 's muss geschieden sein". Esta canción, famosa tamén hoxe día, que fala de despedida e morte, foi escrita polo seu vello profesor de música Joseph Drechsler.
O sábado 3 de xuño, logo das 16 horas, morreu nos brazos da súa derradeira muller, Adele. 

Outras cousas:


# Johann Strauss fillo fué sen dúbida o predecesor das grandes estrelas do rock, capaz de mover cifras astronómicas nunha especie de marca comercial. Na época de Francisco José I, a "firma" Strauss contaba con 200 empregados entre musicos, copistas, cocheros, contables, administradores, instrumentístas e demais para as seis orquestras que circulaban polos teatros da capital vienesa. Pero cando era el en persoa o que saía ante o público, a cousa adquiría tinguiduras épicas. Na súa actuación de 1876 en Boston para o centenario da Declaración de Independencia, montou un Jubialeum Konzert dirixindo a un conxunto de 20.000 persoas entre orquestra e coro, coa axuda de vinte subdirectores e ante un público de máis de 100.000 norteamericanos. A súa paga tamén fué desproporcionada: 100.000 dólares da época, que se ignora se perdeu na súa outra gran afección ademais da música: as partidas de cartas co seu bo amigo Johannes Brahms.

# De todos os valses que compuxo probablemente O  Danubio azul sexa o mais coñecido. Curiosamente a súa estrea non foi precisamente un éxito. Foi un encargo de Johann von Herbeck, o cal estaba á fronte dun coro e quería renovar o seu repertorio con algunha peza alegre. É por iso que o vals inicialmente incluía un coro de voces.Interpretouse por primeira vez en 1867 e aínda que foi ben recibido non causou precisamente moito entusiasmo, cousa que sorprendeu e enfureceu un pouco ao seu autor.Pero todo cambiou cando Strauss viaxou a París o verán do mesmo ano a consecuencia da exposición universal e dirixiu alí el mesmo a súa interpretación esta vez sen o coro. O éxito foi instantáneo e desatouse a tolemia polo novo vals. Por aquel entón, a falta de gravacións fonográficas o modo máis común de divulgar unha peza musical era publicando a súa partitura. Para iso utilizábanse uns ferros de cobre nas que se gravaba a partitura que se quería imprimir. Logo a imprenta encargábase de pasar a partitura ao papel. Estes ferros de cobre debido ao desgaste habitualmente permitían imprimir unhas 10.000 copias dunha partitura. Esta cantidade normalmente era máis que suficiente para a edición de calquera obra musical. Con todo no caso do Danubio azul necesitáronse utilizar ata cen ferros de cobre para poder imprimir o millón de exemplares que se publicaron do vals durante as primeiras semanas daquel verán de 1867. 

# Cando novas ideas musicais lle víñan á súa mente e non tiña o seu caderno para escribilas, usaba partes da súa camisa, billetes, o xornal, ou calquera outra cousa que tivese nas súas mans.

# Strauss foi un famoso prolífico compositor. Durante o curso da súa vida compuxo 479 pezas de baile, 16 operetas, e unha ópera.
# A música de Strauss é interpretada regularmente no Concerto de Ano Novo da Orquestra Filarmónica de Viena, como resultado dos esforzos de Clemens Krauss quen realizou un programa especial dedicado a Strauss en 1929 coa orquestra vienesa. Varios intérpretes de Strauss, como Willi Boskovsky, continuaron a tradición de dirixir, violín en man, como era costume na familia Strauss.