Instrumentos de vento

Vento
Son aqueles instrumentos musicais nos que se produce o son pola vibración da columna de aire no seu interior, sen necesidade de cordas ou membranas.
1.- Vento madeira. Son aqueles instrumentos de vento construídos en madeira, pero tamén se inclúen neste grupo aqueles que sendo de metal, presentan un timbre similar aos de madeira.
Frauta
Frauta. Polo xeral é de madeira, aínda que as veces se use o plático. Ao soprar pola bocadilla o aire vibra nun orificio e prodúcese o son. Para conseguir diferentes alturas de son, tápanse ou deixanse libre unha serie de buratos colocados na parte superior. Ten unha lingüeta de dobre cana. Pola súa sencillez de construción pode que sexa un dos instrumentos máis antigos. Actualmente emprégase na música folclórica e na escola.
Óboe
Óboe. É é un tubo cónico duns sesenta centímetros, estreito na embocadura e ancho no pavillón. Está feito de madeira. É o máis agudo dos instrumentos da familia vento madeira. É o que lles dá o ton aos outros instrumentos da orquestra para afinar. A forma actual deste instrumento aparece no século XVII. No século XIX houbo un verdadeiro rexurdimento deste instrumento.
Fagot
Fagot. É un tubo de madeira duns dous metros e medio de longo, dobrado en dous, para que o intérprete poida sostelo con facilidade. Nun dos extremos ten un tubo en forma de pescozo de cisne chamado tudel. No tudel é onde se sitúa a lingüeta de dobre cana . O músico axúdase para sostelo dunha correa que colga no pescozo. O seu rexistro é grave. Xurdiu a comezos do século XVIII.
Clarinete
Clarinete: Consiste nun tubo cilíndrico de madeira que se ensancha ao final. Os buratos destápanse por medio dunhas chaves, que poden tapar máis dun burato. Cando sopramos facemos vibrar unha lingüeta simple de madeira, e prodúcese o son. Sóprase con suavidade, sen inchar as meixelas. As súas partes son: unha boquilla, un tubo e un pavillón ou campá. Durante o Barroco empregouse substituíndo á trompeta. O seu nome, etimoloxicamente, significa "trompeta pequena". Hoxe é un instrumetno da orquestra sinfónica e úsano as bandas, grupos de jazz e na música tradicional.
Saxofón
Saxofón: Ten a boquilla dun clarinete, a sección cónica de óboe e o corpo de metal que lle proporciona unha gran potencia de son. Cando sopramos facemos vibrar unha lingüeta simple de madeira, e prodúcese o son. Este é o motivo polo que se inclúe na familia de vento madeira. Consta dunha serie de buratos que se abren ou pechan mediante chaves. Foi inventado por Adolph Sax, de aí vénlle o seu nome. Adolph Sax fixo saxofóns de 14 tamaños diferentes. Hoxe o saxofón é fundamental nos grupos de jazz.




2.- Vento metal. Son os instrumentos que producen o son pola vibración dos beizos nunha boquilla ou embocadura e están feitos de metal, xeralmente latón.
Trompa
Trompa.  As primeiras foron utilizadas na caza e na guerra. Está formada por un longo tubo de metal duns 4,5 m. De sección cónica moi estreita, que se enrola varias veces sobre si mesmo, tanto en forma circular como en espiral, e que termina nunha ampla campá. Ten tres válvulas, e utiliza unha boquilla de metal en forma de embude. O son prodúcese pola vibración dos labios no interior da boquilla. O dedo polgar da man dereita, no interior da campá, manexa un cilindro que alterna a utilización dos dous tubos.
Trompeta
Trompeta É o máis antigo dos instrumentos vento metal. A trompeta está formada por un tubo de metal dobrado sobre si mesmo de sección cilíndrica abríndose no seu extremo nunha moderada campá. Utiliza o sistema de pistóns que son como comportas que deixan pasar o aire. Utiliza unha boquilla de copa semiesférica. Cando sopramos, temos que conseguir que os labios fagan de lingüetas, batendo un contra o outro para poder producir o son. A trompeta é o instrumento máis agudo desta familia.
Trombón
Trombón. En realidade son trompetas graves, polo que os sistemas de tubo e boquilla son similares aínda que de maior tamaño. Os trombóns máis usados non usan pistóns senón o sistema de varas: un tubo longo en forma de “U” que se desliza sobre o tubo principal con sete posicións que se corresponden coas notas musicais e en cada unha utilizando a tensión dos beizos prodúcense diferentes sons máis agudos ou máis graves. Durante a época barroca e clásica empregábase na música relixiosa. Hoxe é un instrumento da orquestra sinfónica e emprégase nas bandas e nos grupos de jazz. O seu aspecto externo cambiou pouco dende o século XV.
Tuba
Tuba. É o instrumento máis grave da familia de instrumentos vento metal e  é o máis novo. Ten un tubo de sección cónica de diámetro amplo que termina nunha gran campá orientada cara enriba, ten de tres a cinco pistóns. Ten un gran tamaño (pesa uns 20 kg) e habitualmente tócase sentado, apoiado sobre o corpo. É un instrumetno que se emprega bastante nas bandas.



3.- Outros instrumentos de vento:
Órgano

Órgano. Os sons xéranse facendo pasar aire por tubos de diferentes lonxitudes (desde poucos milímetros ata varios metros). Tócase cun ou varios teclados e uns pedales na parte inferior. O órgano tócase con mans e pés. No pasado o aire era suministrado por uns foles movidos a man. Hoxe tamén se suministra por medio de comprensores.
Acordeón
Acordeón. Instrumento con pouca presenza nas partituras orquestrais, arraigado nas músicas populares de todo o mundo. É un instrumento musical de vento, de orixe alemá, conformado por un fol, un diapasón e dúas caixas harmónicas de madeira. Nos seus dous extremos o fol está pechado polas caixas de madeira.