Timbais

Timbais. 
Nome. Castelán: timbales. Italiano: timpano. Francés: timbales. Inglés: timpani, kettledrums. Alemán: pauke.
Familia. Percusión determinada.
Timbais
Como é? Son unhas caixas de metal (cobre ou de bronce) en forma semiesférica. Levan unha membrana na parte superior da caixa. No fondo presenta unha pequena abertura co fin de equilibrar a presión do aire mentres se toca.Instálanse sobre un trípode de aros de madeiras ou metálicos. A membrana soe estar feita de pel de cabra ou vaca.
Como produce o son? A percusión realízase con dous mazos de madeira sobre a membrana da caixa. Segundo o grao de tensión da membrana obtéñense sons máis ou menos graves.
Historia. Xa eran coñecidos polos hebreos desde a epoca do rei David. De Exipto, o timbal paso a Grecia, onde foi Ilamado "tympanon", e de alí a Roma. No norte de Africa e en Asia Menor, o timbal tivo uso militar. En efecto, os Arabes que invadiron Espana, tiñan nas súas orquestras militares timbais montados sobre camelos... No século XI, os cruzados quedaron moi impresionades pola brillantez das orquestras militares árabes e á súa volta a Europa levaron consigo o timbal, que se difundie nun primeiro momento nos paises do leste. Cara a mediados do S.XV apareceron, na Europa Occidental, os grandes timbais procedentes de Hungría, e rapidamente convertéronse en instrumento da corte. Cara ao final do século XVI os fabricantes europeos de timbais introduciron un cambio importante para substituír o sistema oriental de tensión por cordóns de pel ou de coiro ; no alto da caixa fixaron un número de porcas que variaba de 6, 7, 8 a 10, segundo a súa dimensión, quedando a pel tendida por un circulo de ferro fixado por un número parecido de parafusos, os cales apértanse ou afrouxan a vontade de subir ou baixar o ton. É un instrumento que forma parte da orquetra sinfónica.
Curiosidades. En 1457, o rei de Hungria envio unha misión a Francia en cuxo sequito figuraban tocadores de timbais montados  a cabalo que causaron gran impresien na carte.  En 1542, Enrique VIII encarga en Viena timbais que puidesen ser tocados montados dacabalo e pidiu algúns bos músicos para incorporalos ao seu exército, como signo do poderio inglés. 

Audición: 
 

Partes dun timbal