Laúde

Laúde.
Nome. Castelán: laúd. Italiano: liuto. Francés: luth. Inglés: lute. Alemán: laute.
Familia. Corda punteada.
Laúde
Como é?  A forma dun laúde pode ser comparada a unha pera partida pola metade lonxitudinalmente. A tapa é plana, o fondo que pode ser de varios materiais como marfil ou madeira é oval e está pegado á tapa. O grosor da madeira en xeral non é moi groso, de feito é un instrumento fráxil e delicado e ao contrario que no violín non existe alma que unha a parte superior coa inferior. Existen pezas de madeira que están pegadas no fondo da tapa que axudan á boa vibración do son emitido polo laúde. Seis pares de cordas (cordas dobres) van desde as caravillas (colocadas nun caravilleiro dobrado en ángulo cara atrás do mastro), á ponte pegada na tapa. A corda aguda adoita ser sinxela. Ten de sete a dez trastes de tripa ao redor do mastro. Preto da ponte hai unha abertura redonda na que se coloca unha talla moi decorada ou rosetón.
Como produce o son?  O son prodúcese ao puntear as cordas cos dedos. É un instrumento concibido para ser tañido en lugares pechados e non moi grandes, ademais o músico debe ser realmente bo para saber tocar ben o laúde, xa que é de técnica moi complexa.
Historia. A súa orixe é árabe e xa no século chega a Europa desde oriente, onde é coñecido como "ud".  O "ud" tiña a tapa feita de pel, no século VII foi substituída por unha de madeira na súa metade superior, onde levaba unha roseta, a metade inferior seguía cubríndose con coiro , este instrumento chamouse "al'oud" que significa "en madeira", de aí lle vén o seu nome.
No Renacemento é cando o laúde alcanza o seu máximo esplendor. Este instrumento é considerado o instrumento de ouro na transición do Renacemento ao Barroco como o é o piano no século XIX. Tras o Barroco o laúde cae en desuso e non se volverá a retomar ata o século XX.
Curiosidades. Os intérpretes usaban o dedo meñique para apoiar a man e podela descansar mentres tañían as cordas co resto dos dedos. 
Audición:

Parte dun laúde