Órgano

Órgano.  
Nome. Castelán: órgano. Italiano: organo. Francés: organe. Inglés: organ. Alemán: orgel.
Familia. Vento teclado
órgano
Como é? O órgano componse das seguintes partes: caixa (estrutura visible que oculta os mecanismo), consola (estrutura que contén todos os mandos que utiliza o organista para tocar: teclados, pedais e rexitros para seleccionar o son ou timbre desexado), tubaxe (conxunto de tubos), segredo (aixa provista dun sistema de válvulas e canles de aire na cal se apoiane os tubos do órgano), mecanismo (sistema que vincula os movementos dos teclados e outros mandos da consola cara ao segredo) e fol (aparello que prové de aire ao órgano para o seu funcionamento, estes poden ser accionados manualmente ou con motor eléctrico).
No órgano diferéncianse os seguintes sistemas: sistema de aire (formado por un xerador de aire e un fol, que é un depósito elástico de aire, encargado de estabilizar a subministración de aire independentemente das necesidades do instrumento), sistema de tubos (aos tubos de idénticas dimensións chámaselles rexistro, e ao conxunto de tubos con idéntico timbre, xogo. O organista selecciona estes xogos desde a consola, cuns tiradores ao efecto) e sistema de mandos (formados polos teclados, pedais e rexistros).
Como produce o son? Os sons xéranse pulsando unhas teclas que ao pulsalas abren uns tubos de diferentes lonxitudes (desde poucos milímetros ata varios metros) permitindo o paso do aire que produce o son. O órgano tócase coas mans e cos pés.
Historia. Coñecido no Antigo Exipto como "hydraulus", pasou a Roma convertido en "organum" e de alí a Bizancio. A Igrexa católica incorporouno como acompañamento aos servizos relixiosos no século VII. Tamén se cre que o seu orixe pode ser chinés ou hebreo.
Na Idade Media construíronse pequenos órganos portátiles cun fol que se accionaba cunha man ao mesmo tempo que a outra era usada nun teclado, en oposición aos chamados positivos, cuxo tamaño era superior. Foron evolucionando e adquiriron dimensións enormes, con miles de tubos e varios teclados. A súa complexa e artesanal construción determina que non haxa dous iguais. No barroco o órgano tivo o seu apoxeo e época dourada, tanto en interpetres, compositores e construturoes de órganos. Despues da epoca barroca e das mortes dos grandes compositores (primeira metade do século XVIII), o órgano entro en decadencia no papel da musica de concerto, quedando reservado case exclusivamente soamente para a musica relixiosa.
No século XX o organo recupera outra vez o seu papel de instrumento concertante
Curiosidades. É un único membro da familia de vento teclado con tubo.
A disposición dos tubos do órgano non vai de maior a menor, senón que adoita atender máis a aspectos decorativos e arquitectónicos.

 Audición:


E... aínda máis sobre o órgano:
   Como se fai un órgano?  Todo o proceso para construír un órgano. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.