Violonchelo


Violonchelo/violoncello
Nome. Castelán: violonchelo/chelo/violoncello. Italiano: violoncello.  Francés: violoncelle. Inglés: cello. Alemán: cello. 
Familia. Corda fretada.
Como é? As partes do violoncelo son as mesmas que as do violín, pero estamos falando dun instrumento moito máis grande. Do mesmo xeito que o violín, componse dunha caixa de resonancia formada polo fondo, a tapa e os aros. A súa forma é bombeada. Sobre a tapa atópanse as efes, que son os orificios con esa forma en cada lado. Ademais, atópase o cordal, que retén ás cordas e entre as efes, a ponte, que conserva as cordas no alto. Dentro da caixa, atópanse a barra harmónica (ao longo da caixa) e a alma (baixo o pé dereito da ponte), que son os responsables do son do violoncelo. O mango contén ao diapasón, que do mesmo xeito que no violín, non ten trastes. O diapasón termina no caravilleiro. Entre o diapasón e o caravilleiro atópase a "cejuela", que recibe ás cordas para logo ser enroladas e tensadas polas catro caravillas no caravilleiro. Este último ten unha terminación en forma de caracol que se chama voluta. O seu corpo mide 75 cm de lonxitude. Ten catro cordas.
Como produce o son? Produce o son mediante un arco cun feixe de fibras de pelo de cabalo tensadas, que se frega sobre as catro cordas que posúe o instrumento. Ademais de co arco tamén se pode tocar o violonchelo cos dedos (pizzicato). A forma de tocar o violoncelo é sentado e apoiando o instrumento entre os xeonllos e elevado sobre unha punta de aceiro. Débese suxeitar o mango coa man esquerda e coa dereita deslizar o arco. O mastro debe quedar cara á esquerda do pescozo.
Historia. Apareceu a mediados do século XVI. Aínda que a súa aparición é case contemporánea á do violín, o violonchelo tardou moito máis en imporse xa que tivo que soportar durante moito tempo a competencia da "viola da gamba" (viola de perna). Hoxe tamén hai un violonchelo electrónico que é empregado por algún grupo de "heavy metal".
Curiosidades. Desde o século XX, as mulleres comezan a ser intérpretes de violonchelo, cousa que non ocorrera anteriormente. Durante moito tempo, só as mulleres de clase alta podían ter acceso aos instrumentos musicais, e non estaba ben visto pola sociedade a postura de suxección do violonchelo, entre as pernas, considerándoa pouco aristocrática. Existe documentación doutro tipo de posturas adoptadas por algunhas mulleres violonchelistas, suxeitando o instrumento de lado.
Audición:

Partes do violonchelo
Partes interiores e exteriores do violonchelo


E... aínda máis sobre o violonchelo:

Prema aquí para tocar cun violonchelo virtual. 

Preme aquí para ver un violonchelo peza a peza

   Como se fai un violonchelo?  Todo o proceso para construír un violonchelo. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.
   Como se fai un violonchelo de fibra de carbono?  Todo o proceso para construír un violonchelo. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.

Violonchelo virtual. Móveo para observalo dende todos os lados.
.................................................

Se chegaches ata aquí fixeches méritos suficientes para un premio. Escoita esta interpretación de Mstislav Rostropovich interpretando a Suite para violonchelo no.5 (Preludio), de Bach.