Carl Orff

Carl Orff
Nome:  Carl Orff.
Data nacemento: 10 de xullo de 1895, Munich (Alemaña).
Data morte: 29 de marzo de 1982, Munich (Alemaña).
Nacionalidade: Alemá.
Movemento artísitico: Século XX
Artista: Compositor e pedagogo musical.
Obras: 1935 Schulwerke (Obra escolar). 1937 Carmina Burana. 1939 A lúa. 1942 A Astuta. 1943 Catulli Carmina. 1946  O triunfo de Afrodita. 1947 Die Bernauerin  (obra teatral folclórica). 1949 Antígona.1959 Edipo.

Con 5 anos iniciou a súa formación de piano, órgano e violoncel, mostrouse máis interesado pola composición que no estudo orientado á interpretación instrumental. A partir de 1911 compuxo os seus primeiros cincuenta lieder (canción lírica breve para voz solista e acompañamento, polo xeral de piano, propia de Alemaña, Austria e outros países de lingua alemá, a súa letra é un poema ao que se lle engadía acompañamento musical).
A partir do ano 1919 estudou, en Munich, composición con Kamisnki. Comeza a mostrar o seu interese pola música antiga o que lle levou a facer arranxos sobre algunhas das obras de Monteverdi (séculoS XVI-XVII).
No ano 1924 fundou xunto á bailarina Dorothea Günther unha academia para ensinar música e baile a niños.
Carl Orff morre á idade de 86 anos o 29 de marzo 1982 en MúnicH. Foi enterrado na capela do mosteiro de estilo barroco de Andechs ao sur de MúnicH. A súa lápida rexistra o seu nome, a data de nacemento e falecemento e a inscrición latina "Summus Finis" (A última meta).

Outras cousas:

# Carmina Burana son, en realidade, uns 300 poemas dos séculos XII e XIII, que falan sobre o amor, a luxuria, os praceres carnais, os praceres terreais, os raptos de doncelas por parte de cabaleiros, o goce da natureza e a crítica satírica á igrexa e os estamentos de poder. Foron atopados en 1803 na abadía de Bura Sancti Benedecti en Baviera, Alemaña. Non serían nada do outro mundo de non ser por dous motivos. O primeiro porque se trata da colección máis extensa (por non dicir a única) de cantos profanos desa época, e o segundo, porque moitos anos despois, Carl Orff baseouse nalgúns deles (escolleu vinte ao azar) para escribir a súa obra máis coñecida, (a súa única obra coñecida) "Carmina Burana".

# Con todo, este éxito probablemente tamén lle trouxo algún problema a Orff. O problema principal foi que naquela época o poder residía no partido nazi. E aos nazis gustoulles moito a música de Orff, porque era herdeira directa de todos os compositores que quixeran construír unha música genuínamente xermana e poque louvaba a cultura "aria". Escribiu o tipo de música que lle pediron os nazis, o que despois de que terminase a segunda guerra mundial foi moi utilizado polos seus detractores. Con todo, os americanos, nin o arrestaron xa que consideraron que compoñer música patriótica non eran condenable. Tampouco prohibiron a súa música, polo que Orff seguiu vivindo relativamente ben nos anos da postguerra.

# Carl Orff ao estrear "Carmina Burana" (1937) sentiu que a súa música de verdade comezaba nese momento e pediulle ao seu editor que destruíse todas as súas partituras anteriores, aínda que, o seu editor non lle fixo caso.

# Non ano 2002, con ocasión dun concerto en Santiago de Compostela da Orquestra Sinfónica de Galicia, preguntóuselle a Xesús Pérez Varela, entón conselleiro de cultura da Xunta de Galicia, sobre a súa asistencia ao mesmo, e contestou eloxiando á "cantante" "Carmina Burana".

# "O Fortuna" (Oh Fortuna) é un poema escrito en latín contido no manuscrito "Carmina Burana", creado aproximadamente entre o ano 1100 e o 1200. Está dedicado a Fortuna, deusa romana da sorte, cuxo nomee en latín era "Vortumna", que significa "a que roda".

#"O Fortuna" (Oh Fortuna) aparece na banda sonora da película Excalibur.

# Michael  Jackson alugou os dereitos de "Oh Fortuna" para a xira "Dangerous" que fixo no ano 1992 e para o vídeo "Brace Yourself". Curiosamente os dereitos de "Oh fortuna" (fragmento que aparece ao principio e o final da cantata "Carmina Burana") son os mais caros da historia, por iso nunca oiremos na radio a cancion completa.

# Carl Orff, foi un dos poucos compositores alemáns baixo o réxime nazi que responderon ao chamado oficial para escribir nova música incidental (música de fondo) para "O soño dunha noite de verán" logo de que a música de Felix Mendelssohn (era xudeo) fose prohibida mentres que outros rehusaron a cooperar nisto . Os defensores de Orff alegan que el mesmo xa traballara compoñendo música para esta obra desde 1917 e 1927, moito antes de que isto fose unha favor para o goberno nazi.

# Influíu no desenvolvemento dunha serie de instrumentos de percusión (o xilófono que aparece hoxe en todos os centros escolares) para o aula, chegando a crear un instituto propio onde desenvolveu e potenciou a súa reforma educativa.