Pandeira

Pandeira.
Nome. Castela: pandero ou pandero redondo.
Familia. Percusión indeterminada.
Pandeira
Como é?  É unha pandeireta grande. Está formada por un aro de madeira que pode levar intercaladas algunhas ferreñas ao redor, e un parche de pel. A pel cubre o aro por un lado e soe ser de cabra, ovella ou corzo. O tamaño da pandeira é duns 40-50 cm de diámetro e 8-12 cm de alto. A súa altura duns 6-7 cm.  O grosor da táboa do aro é duns 5-6 mm. Para suxeitar o instrumento, o marco posúe un furado circular duns 3 cm de diámetro para introducir o polgar da man esquerda, practicado onde un extremo da táboa curvada se monta e crava no outro.
Como produce os son? O son prodúceo batendo as mans na pel e axitando o instrumento.
Historia. Ao longo da historia denomínase pandeira ou pandeiro indistintamente polo que é difícil discernir a cal dos dous se refire. En latín denominábase "timpano" e facía referencia aos dous instrumentos; aínda que o seu nome derive de "pandorius". Proba da popularidade que tivo a pandeira na época medieval, no noroeste peninsular, é a talla en pedra dunha imaxe de tocadora de pandeira nun capitel da igrexa de San Juan de Amandi en Villaviciosa (Asturias), que data do século XII, así coma a imaxe que aparece no cancioneiro da Axuda, século XIII.
Curiosidades. Nos lugares de Galicia onde non se conservan as grandes pandeiras, as pequenas pandeiretas, reciben en ocasións tamén o nomoe de pandeiras.
É un dos instrumentos musicais populares galegos que están en maior perigo de desaparición.

Audición:
 

E... aínda máis sobre a pandeira:

  Como é a pandeira?  Diferenza entre pandeireta, pandeira e pandeiro. Paréceche interesante?. Pois preme para velo.

Imaxes obtidas na web: http://www.consellodacultura.org/
Feitas por: Alba Vázquez Carpentier