O nome das notas

Guido de Arezzo
Na Idade Media as notas denominábanse por medio das primeiras letras do alfabeto: A, B, C, D, E, F (comezando pola actual nota la). 
Naquela época adoitaba cantarse un himno a san Xoán "O Bautista" -coñecido como Ut queant laxis- atribuído a Pablo o Diácono, que tiña a particularidade de que cada frase musical empezaba cunha nota superior á que antecedía. O monxe beneditino Guido de Arezzo (995-1050) tivo a idea de empregar a primeira sílaba de cada frase para identificar as notas que con elas se entoaban. 
Ut queant laxis
Re soar fibris
Mira gestorum
Famuli torum
Solve polluti
Labii reatum
Sancte Iohannes
Traducido: "Para que os teus servos poidan exaltar a plenos pulmóns as marabillas dos teus milagres perdoa a falta de beizos impuros, San Xoán".
Guido D'Arezzo denominou a este sistema de entonación "solmización", e máis tarde, "solfexo". Usaba este sistema para o ensino da música e prontamente adquiriu gran popularidade e o Papa ordenou a súa introdución inmediata na música da Igrexa. Nos países onde non chegaron os músicos latinos seguiron co antigo sistema das letras do alfabeto, tal é o caso de Inglaterra, Alemaña, os países escandinavos...
Ut queant laxis
Guido de Arezzo tamén perfeccionou a escritura musical coa implementación definitiva de liñas horizontais que fixaron alturas de son e a implantación do tetragrama (catro liñas) antecesor do actual pentagrama (cinco liñas).
Pero isto non se  corresponde coa forma moderna de escribir a música, xa que ten unha nota menos (só aparecen seis notas musicais) e unha liña menos no plano de escritura (hoxe é un pentagrama).
Con respecto ao SI sinalemos que nesas épocas escuras da Idade Media e comezos da Idade Mderna a sétima nota era considerada a nota do diaño, e era coidadosamente evitada. Estaba prohibido escribila porque pensaban que con ela estábase a chamar ao diaño.
No século XVII a notación musical chegou á disposición definitiva grazas a tres innovacións:
  • Desestimouse a ameaza de Satán e agregouse a sétima nota. Para nomeala tomáronse as iniciais do santo a quen ía dirixido o himno (Sancte Iohannes: SI)
  • Para facilitar o solfexo, substituiuse a nota UT pola máis cantable DO (tomada de Dominus, señor). Outra versión indica que foi o musicólogo italiano Giovan Battista Doni (1593 - 1647) quen a substitución pola primeira sílaba do seu apelido.
  • Engadiuse unha quinta liña ao plano de escritura musical alcanzando así a súa forma actual: o pentagrama.
Hoxe en día só se utiliza a denominación UT no idioma francés e para o Canto Gregoriano.
Peo hai outra versión sobre nome das notas... Conta a lenda que un vello zapateiro italiano, apellidado Re (Rei) recibiu a visita dun cliente cun zapato para reparar, que lle dixo "Do Re, mi fa suola" ou sexa "Don Rei,faime unha "suela"?" e o vello zapateiro replicou "SI".

CONTESTA
  1. A letra "A", na Idade Media, a que nota da actualidade equivale?
  2. Quen lle puxo nome ás notas?
  3. Cantas notas musicais eran?
  4. De onde sacou o nome das notas?
  5. Como seguiron chamando ás notas nos países onde non chegaron os músicos latinos?
  6. Que se implantou para escribir a música?
  7. Que nota e4ra considerada a "nota do diaño"?
  8. De onde xurdiu o nome da nota que se engadiu no século XVII?
  9. Que nota substiuiu a nota "UT"?
  10. Hoxe, en que casos se emprega a nota "UT"?