Instrumentos de corda

Corda
Son aqueles no que o son se produce ao facer vibrar as súas cordas. Carácterísticas xerais:
Violín
  1.- Corda fretada. Son aqueles que producen as vibracións sonoras por medio da frotación das cordas, para iso emprégase o arco que é unha varilla de madeira. Estes instrumentos tamén se poden puntear cos dedos.
Viola
Violín. É o máis agudo e máis pequeno da familia. Mide uns 36 cm. Ten catro cordas. Sostense en posición horizontal. É o máis numeroso na orquestra sinfónica. Apareceu en Italia no século XVI. O seu antecedente foi un instrumento medieval que se chamaba viola de arco. Ademais de na orquestra, o violín tamén é empregado na música de cámara. Tamén é un instrumento moi empregado na música tradicional. Hoxe constrúense "violíns electrónicos" que soen ser empregados por grupos de jazz, rock e pop.
Viola: É máis grande que o violín e ten un son máis grave (ten unha corda máis grave). Mide 41 cm de lonxitude. Ten catro cordas. Sostense en posición horizontal. A viola, tal e como a coñecemos hoxe, apareceu entre os séculos XVI e XVII. Foi unha evolución, ao igual que o violín, da viola de arco. A partir do século XIX convertirase nun instrumento imprescindible xa que ata entón era considerada como un instrumento de recheo, secundario.
Violonchelo
Contrabaixo
Violonchelo ou violoncello.É maís grande que a viola e seu son e máis grave. O seu corpo mide 75 cm de lonxitude. Ten catro cordas. Sostense en posición vertical, entre as pernas do intérprete, apoiado no chan por unha punta de aceiro. Apareceu a mediados do século XVI. Hoxe tamén hai un violonchelo electrónico que é empregado por algún grupo de "heavy metal". Tamén se lle chama "chelo".
Contrabaixo. É o máis grande e grave da familia. Mide arredor de 1,85 m de altura. Ten catro cordas; aínda que hoxe tamén se constrúen con 5 cordas. O arco do contrabaixo é o máis curto de todos.Tócase de pé. No contrabaixo, moi a miudo, emprégase a técnica do "pizzicato" que consiste en tocar o instrumento cos dedos en lugar do arco. Esta técnica emprégase na música de jazz, rock e pop. Tamén é un instrumento que apareceu no século XVI. O seu gran tamaño e as súas grosas cordas de tripa facíano pouco manexable. Posteriormente cando se conseguiron unhas cordas máis finas posibilitou  a redución do tamaño do instrumento e a súa manexabilidade.
Posición dos instrumentos
2.- Corda punteada. Son aqueles instrumentos que producen as vibracións das cordas,- e polo tanto o son-, punteándoas cos dedos, uñas ou púas.
Arpa
Arpa. E un instrumento polifónico. Ten 47 cordas de diferente tamaño e grosor. Na base ten sete pedais, un por cada nota. Ten unha altura de 1,7 m. Para toca o instrumento apóiase a caixa no ombro e tócase coas unllas e as xemas dos dedos das dúas mans. Para facilitar a localización das notas, as cordas do e fa son de cor e o resto son brancas. A súa orixe remóntase ao 1200 a. C. Foi un instrumento xa entregado na Antigüidade: Mesopotamia, Exipto, Grecia, Roma. Durante a Idade Media foi un instrumento moi empregado; pero na época do Renacemento deixou de utilizarse. Na música pop entrégase moi pouco. A arpa actual data de comezos do século XIX.
Guitarra
Guitarra. É un instrumento polifónico. Consta de seis cordas afinadas de aguda a grave. Ten tres partes: caixa (tapa, ponte e roseta), mastro (traste e presilla) e caravilleiro (caravilla). O mastro ten unhas divisións que se chaman trastes. Para afinar as cordas ténsanse ou desténsanse a través das caravillas. No século XVIII xa aparece a guitarra de seis cordas. A guitárra clásica tamén se coñace como "guitarra española" xa que é un instrumento que tivo a súa en España. Utilízase na música popular e na música clásica pero non é un membro da orquestra sinfónica. O guitarrista Narciso Yepes utilizou unha guitarra de 10 cordas.


3.- Corda percutida. Son aqueles instrumentos que producen o son ao golpear ou percutir as cordas.
Piano
Piano. É un instrumento polifónico. Inventouno un construtor de instrumentos italiano a finais do século XVII. Este construtor chamou ao seu instrumento piano-forte, que en italiano significa suave-forte. O nome partiu do que foi a característica máis notable deste instrumento, a capacidade de soar forte e suave dependendo da forza coa que se pulsase a tecla. Dispón de 88 teclas que ao ser pulsadas que golpean as cordas.Tamén ten dous ou tres pedais. O piano ten unha tapa que se pode levantar para aumentar o volume do son. Nalgunhas ocasións tócase o piano "a catro mans", dous pianistas sobre o mesmo piano.