Beethoven


Nome: Ludwig van Beethoven.
Data nacemento: 16 de decembro de 1770, Bonn (Alemaña)
Data morte: 26 de marzo de 1827, Viena (Austria)
Nacionalidade: alemá
Movemento artístico: Clasicismo. 
Artista. Compositor, director de orquestra e pianista.
Obras. Sinfonía nº 9. Sinfonía Nº 5. Sinfonía Nº 6. Para Elisa. Sonta "Claro de Lúa".  “Missa Solemnis” en re maior op.123. Sinfonía nº 3. Concerto para violín y orquesta en re maior, opus. 61.

Tivo unha infancia problemática. O seu pai era cantante de capela do Elector de Bonn, adicto ao alcol e violento, que ao descubrir o talento musical do seu fillo, púxoo baixo un estrito réxime de estudos de piano. Máis tarde sufriría a perda da súa nai. En Viena coñece a Mozart, que non se entusiasma moito co novo talento de Beethoven. Posteriormente coñece a Haydn, quen o invitou a estudar con el en Viena, onde acode en 1792 para instalarse definitivamente. 
Ludwing van Beeethoven

En 1801 comezan os primeiros síntomas de xordeira, aos que seguirán problemas psicolóxicos, polo que en 1812 redacta o coñecido como Testamento de Heiligenstadt, case ao bordo do suicidio.

De espírito perfeccionista, fixo múltiples correccións dos seus manuscritos, polo que o seu catálogo de obras non é tan abundante como cabería esperar. A súa música influiría nas seguinte xeracións de compositores e proxéctase ata ben entrado o século XX.

Outras cousas:
# Recentemente analizouse un pelo de Beethoven, e descubriuse que no seu sangue había un alto contido en chumbo, quizá, por beber líquidos que estaban contidos en barrís fabricados con este material. É posible que o seu mal xenio e a xordeira viñésenlle da presenza deste venenoso metal no seu corpo.

# "Para Elisa" é en realidade "Para Teresa". A famosísima composición para piano de Beethoven que todo o mundo coñece como "Para Elisa" (composta o 27 de Abril de 1810), en realidade é "Para Teresa", xa que é o título que aparece no manuscrito orixinal de Beethoven. Crese que un erro nos copistas pola mala caligrafía do compositor provocou esta "pequena" confusión.

# En certa ocasión, estando de visita nunha escola, achegóuselle unha nena que se chamaba Elisa e comentoulle que ela tamén era artista, pois xa tocaba algunhas pezas ao piano. Isto caeulle moi en graza a Beethoven e antes de retirarse, pediulle que tocase algo ao piano. A nena con toda alegría interpretou obras de varios compositores, pero cando Beethoven lle solicitou que tocase algunha das súas sonatas, ela con toda a pena explicoulle que lle gustaban moito, pero que eran moi difíciles de interpretar. Beethoven prometeulle, que faría unha peza moito mais sinxela, para que fose tocada por ela ao piano. Ese foi o motivo polo que compuxo unha das obras máis coñecidas e interpretada polos pianistas de todo o mundo: "Para Elisa" e á que lle agrego o subtitulo "Recordos do 27 de abril de 1808". 

# No primeiro catálogo do conxunto das composións musicais de Beethoven non aparece "Para Elisa". Isto fai que algúns musicólogos poñan en dúbida a autoría da obra. 

# Estas son as tres opcións sobre esta famosísima peza musical, a máis amplamente eceptada é a primeira.

# A cuarta sinfonia, que é unha metafora ao amor, a escribiuna cando estaba namorado de varias mulleres (era moi enamoradizo) se se escoitan determinadas melodías parecen dicir os nomes das súas amadas, Teresa, Xulieta, Xosefina, etc...

# A 5ª Sinfonía (as catro primeiras notas) foi utilizada polos nazis na Segunda Guerra Mundial como código nas transmisións de guerra; xa que o seu equivalente en Morse (3 puntos e unha raia) equivale á "V" de vitoria.

# Para o famoso comezo da 5º sinfonia,Beethoven, inspirouse nos golpes que daba o seu carteiro ao chamar á súa casa.

# Na estrea da 9ª Sinfonía, Beethoven estaba completamente xordo. De feito, dise que ao terminar o concerto o pensou que os músicos deixaran de tocar por algún motivo, e deuse a volta e viu a toda a sala de pé aplaudindo: o concerto finalizara.

# Beethoven pasou anos obsesionado cunha cancionciña que non paraba de tararear, e en numerosas composicións incluíana pero sen definila do todo. O máis rechamante disto é que hai unha peza anterior de Mozart que é case igual e tamén estaba cantada por un coro. Descoñécese se Beethoven a coñecía ou foi casualidade, o caso é que o soño de Beethoven cumpriuse ao ver esta melodía integrada na culminación da súa 9º sinfonía. A melodía é "O Himno á Alegría".
# A sonda espacial Voyager lanzada cara ao espazo profundo, contén, ademais de discursos dos presidentes da época na que foi lanzada e diversas anotacións sobre a raza humana, un disco coa 9ª Sinfonía de Beethoven. Quen a escoitará?

# Beethoven amaba a natureza ata o punto de dicir "Prefiro mil veces ás árbores que a calquera persoa". Só hai que escoitar a súa sexta sinfonía, A Pastoral, na que o noso compositor é capaz de traducir a imaxe da natureza aos sons da orquestra.
Beethoven adoitaba ir pola rúa con roupas vellas, cos pelos desordenados, gritando as melodías que se lle ocorrían a plena voz (el non podía oírse) e anotándoas nun caderno. 

# Os que presenciaron os seus monumentais e históricos ataques de ira chegábano a comparar cun "animal salvaxe", xa que ata en ocasións chegaba a esnaquizar as habitacións onde se aloxaba. Aínda que coa xente que o quería, como o seu sobriño Karl, se que era cariñoso e cambiaba radicalmente de actitude.

# O seu romance con Giulietta Giucciardi, unha condesa de dezaseis anos, que foi alumna de Beethoven, a quen dedicou a inmortal sonata "Claro de Lúa".

# A cirrosise que padecue foi favorecida polo consumo de alcol; pero descartouse que o músico bebese de forma excesiva. Ao parecer, o mal debeuse principalmente a que o seu fígado quedara debilitado por unha hepatite A.

# Á tenra idade de 7 anos Beethoven xa se presentaba en público; aínda que non xerou a mesma sensación de neno prodixio como Mozart.

# Beethoven compuxo 9 sinfonías, 7 concertos, 17 cuartetos para cordas, 32 sonatas para piano, e 10 sonatas para violín e piano.

# Beethoven nunca casou e polo xeral foi infeliz ao longo da súa vida, o cal acentuábase polos seus problemas de saúde e as constantes preocupacións que lle xeraba o seu sobriño Karl, do cal era titor.

# Beethoven empezou a ter problemas coa súa audición en 1802, a cal empeorou co paso do tempo ata que en 1819 quedou case completamente xordo.

# A pesar da súa reputación de ser rudo e gruñón, Beethoven tivo moitas amizades e era ben querido. Sábese que no seu funeral foron a despedilo máis de 20.000 persoas.

# No ano 1863 procedeuse a desenterrar o corpo de Bethoven e separóuselle o cranio para someterlo a un estudo científico. Nuncha se soubo dos resultados da análise e o cranio non volveu ao seu lugar. Foi en 2005 cando o cranio de Beethoven -máis ben uns restos- déronse como lexítimos. Tenos un millonario norteamericano, Paul Kaufman, que á súa vez os herdou dun tío avó austriaco e que ofreceunos, temporalmente, ao instituto toxicolóxico de Illinois para sometelos a unha "autopsia". Conclusión irrevogable: o compositor xermano morreu envelenado. Non quere dicir que o asasinasen nin que fose vítima dun complot misterioso. Significa que Beethoven consumiu demasiado chumbo durante a súa existencia. Cen veces máis do que normalmente se acha no organismo de calquera cidadán convencional. Bebía viño branco nun vaso de chumbo.

# Se chegaches ata aquí fixeches méritos suficientes para un premio. Sorpréndete con esta interpretación de Miguel Ríos do Himno da Alegría.

Máis información: http://es.wikipedia.org/wiki/Ludwig_van_Beethoven