Quen...?

Se consegues contestar a estas preguntas vas seguir sabendo o mesmo de música do que xa sabías antes de poñerte a contestalas. Mais por intentalo…

Compositores
1. Quen chegou a ter unha tendinite de tanto lavarse as mans? 
2. Quen compuxo unha obra tan monumental que non había un teatro o suficientemente grande para acoller aos intérpretes e músicos que participaban na obra? 
3. Quen, durante unha epidemia de cólera, morreu por tomarse un vaso de auga sen fervela antes de tomala? 
4. Quen usaba sempre guantes? 
5. Quen, tocando o piano, tivo que tocar unha nota co nariz porque non tiña dedos suficientes para tocala? 
6. Quen tiña que compoñer unha obra para a inauguración da canle de Suez (Exipto) en non a tivo rematada a tempo? 
7. Quen compuxo unha obra que no día da súa estrea morreu un trompetista e as última palabras que dixo antes de morrer foron: “Este (nome do compositor), conseguiu acabar conmigo? “ 
8. Quen compuxo unha obra musical que, chegado un momento da mesma, o público ponse de pé para escoitala? 
9. Quen foi o autor ao que Micheal Jackson lle alugou os dereitos de autor dunha obra para empregala na súa gira “Dangerous” que tivo lugar en 1991? 
10. Quen tivo unha morte tan mísera que so foi acompañado polo seu can no momento que o selpultureiro procedía a enterrelo nunha fosa común?  
11. Quen foi sacerdote e o cardeal escusouno de dar misas porque sofría ataques de asma? 
12. Quen lle compuxo unha obra ao pobo onde paso a lúa de mel coa súa muller? 
13. Quen nun so día, o 15 de outubro de 1815, compuxo oito cancións? 
14. Quen escribía con tan mala caligrafía que o copista, ao non entender o escrito,  púxolle mal o título algunha das súas obras? 
15. Quen foi o compositor puido compoñer, sen preocupacións, durante moitos anos porque unha viúva (a  que xamais viu) lle mandaba regularmente unha cantidade de diñeiro? 
16. Quen ten un cráter na superficie do planeta mercurio que leva o seu nome?
17. Quen gañou o “Gran Prix de Roma” no ano 1884? 
18. Quen compuxo unha obra que, nos 15 minutos de duración, un percusionista repite o mesmo 169 veces? 
19. Quen, co estreo dunha obra súa, provocou o maior escándolo da historia da música (polos menos así foi considerado na época)?
20. Quen tiña que vixiar a súa muller para que non empregase as súas partituras para facerse os rulos da cabeza?
21. Quen morreu solteiro e compuxo de todos os xéneros musicais agás unha ópera, e que cando lle propoñían compoñer unha sempre contestaba: "prefiro casar antes de compoñer unha ópera"?
22. Quen acabou a súa vida internado nun maniconio, entre outros motivos, porque invitaba a "cear" a súa casa a Bach... cando xa levaba máis de cen anos morto? 
23. Quen provocaba tal frenesí cando se presentaba en público que moitas damas caían desmaiadas pola emoción? 
24. Quen un día foi ao mercado a comprar peixe e o tendeiro envolveullo cun papel que era un manuscrito dunha obra de Bach?
25. Quen, nas primeiras semanas do verán de 1867, publicou una obra musical que tivo tanto éxito que se chegaron a imprimir un millón de exemplares dela? 
26. Quen compusxo unha sinfonia que tamén se chama a "Sinfonía dos mil" polo número de persoas (orquestra e coros) que se necestitan para executar esa obra?