Trompa

Trompa.  Tamén chamada "corno francés". Castelán: trompa. Italiano: corno. Francés cor. Inglés: horn. Alemán: horn. 
Familia: Vento metal.
Como é? Está formada por un longo tubo de metal duns 4,5 m. De sección cónica moi estreita, que se enrola varias veces sobre si mesmo, tanto en forma circular como en espiral, e que termina nunha ampla campá. Ten tres válvulas, e utiliza unha boquilla de metal en forma de embude. 
Como se produce o son? O son prodúcese pola vibración dos labios, que actúan como unha lengüeta dobre, no interior da boquilla. O dedo polgar da man dereita, no interior da campá, manexa un cilindro que alterna a utilización dos dous tubos. É o único dos aerófonos de metal no que as válvulas acciónanse cos dedos da man esquerda.
A súa historia. A trompa ou corno desenvolveuse a partir do corno de caza, coa adición de tons no século XVIII e válvulas a principios do século XIX. As Trompas primitivas, como o seu nome implica, estaban feitas de cornos baleirados de animais. Máis tarde estes instrumentos foron feitos de metal e debido á súa potencia foron usados como sinais en campo aberto, especialmente nas batallas e nas chamadas de caza. As trompas de caza convertéronse en circulares pois así eran máis fáciles de portar polo intérprete sobre o seu ombreiro, ou sobre a súa cabeza ou ben debaixo do brazo.
Curiosidades. Para poder tocar todas as notas da antiga trompa sen válvulas, requiríase que o músico introducise e sacase constantemente a man dentro do pavillón.

Audicións: 


Partes dunha trompa

 E... aínda máis sobre a trompa:

Move a trompa virtual.

........................................