Wagner


Nome: Wilhlem Richard Wagner
Data nacemento: 22 de maio de 1813, Leipzig (Alemaña)
Data morte: 13 de febreiro de 1883, Venecia (Italia)
Nacionalidade: alemá.
Movemento artísitico: Romanticismo.
Artista: Compositor, director de orquestra e poeta.
Obras. 1843 O holandés errante (ópera). 1845 Tannhauser (ópera). 1848 Lohengrin (ópera). 1859 Tristán e Isolda (ópera). 1867 Os mestres cantores de Nuremberg (ópera). 1869 O ouro do Rin (ópera). 1870 O idilio de Sigfrido (orquestra). 1874 O crepúsculo dos deuses (ópera). 1882 Parsifal (ópera).

A infancia de Wagner viuse influída polo seu padrasto Ludwig Geyer, actor, pintor e poeta, que suscitou no neno o seu temperán entusiasmo por toda manifestación artística.
Os estudos musicais de Richard comprendían o piano e o violín (nos que non destacaba).
Wagner en 1871
A súa carreira profesional comezou aos vinte anos, cando foi contratado como director de coro de Würzburg. Desde ese momento, Wagner traballou nunha serie de teatros provincianos, escasos de diñeiro e cun público de pouca categoría.
O 24 de Novembro de 1836 casou coa actriz Minna Planer. Pronto tivo problemas tanto económicos como amorosos. As súas débedas acumuladas mentres traballou nos teatros de Königsberg, Dresde e Riga, inducírono a fuxir do país.

Dispois de sufir dous infartos a comezos de 1883 trasládase a Venecia (Italia para recuperar a súa sáude;  pero o 13 de febreiro de 1883 morría na devandita cidade. O día 18 foi enterrado no xardín de Wahnfried, en Bayreuth, onde despois se enterrou tamén á súa esposa.
Outras cousas:

# En 1829 Wagner descubriu a arte ao que dedicaría toda a súa vida: asistiu a unha representación de Fidelio, quedando cegado ante os dotes vocais e dramáticas da soprano Wihelmine Schröder-Devrient (Leonora). O mozo escribiulle unha carta esa mesma noite felicitándoa e profetizando a súa propia carreira de compositor.

# Durante a travesía cara a Londres (camiño de París) unha serie de terribles tempestades inspiroulle unha nova opera: O holandés errante.

# A estancia en París foi un fracaso absoluto para Wagner. Ademais de non poder estrear ningunha das súas operas, houbo de traballar en reducións para piano e canto de operas italianas polas que tomou gran aversión. Ata permaneceu un breve tempo no cárcere, posto que as súas débedas acumulábanse rapidamente e os ingresos escaseaban.

# Óperas. "Rienzi" estreada en Dresde en 1842. "O holandés errante" estreada en Dresde en 1843. "Tannhäuser", estreada en Dresde en 1845, revive o mundo lendario medieval dos cabaleiros alemáns. "Lohengrin" foi a primeira ópera que se estreou en Alemaña (Weimar, 28 de Agosto de 1850) mentres Richard permanecía no exilio. O 1 de xuño de 1865 estreouse "Tristán e Isolda" en Munich. En 1867 estreouse "Os mestres cantores de Nuremberg". O 26 de xullo de 1882 estreou a súa derradeira obra: Parsifal.

# "O anel do nibelungo" (Der Ring deas Nibelungen) é unha tetraloxía de óperas escritas por Richard Wagner. Tardou máis de 25 anos en escribir esta saga épica baseada na mitoloxía xermana.  As catro partes desta saga son: "O ouro do Rin", "O heroe dos Velsingos" (A Walkiria), "O espertar de Brunilda" (Sigfrido) e "A morte de Sigfrido" (O crepúsculo dos deuses).

# "O anel do nibelungo" (Der Ring deas Nibelungen), aínda que esa obra é coñecida por ese nome a traducción debería ser "O anel dos nibelungos".

# Aínda que "O anel do nibelungo" está considerada unha tetraloxía (catro obras), en realidade debe ser considerada como unha triloxía (tres obras). Hai tres partes, "A walquiria", "Sigfrido" e "O ocaso dos deuses", precedidas por outra ópera, máis pequeniña, que se chama "O ouro do Rhin" que é unha introducción para situarnos. Ademais, Wagner entendíao así. O libreto está creado a base de fundir contos e mitoloxías xermánicas e nórdicas e conta a historia dun anel de poder. Moitas das lendas coinciden coas que tomou Tolkien para a súa obra "O señor dos aneis".

# A ópera "O anel do nibelungo", no seu conxunto, dura 15 horas; a representación faise en catro días.

# O problema co que se atopou Wagner cando terminou de escribir a ópera "O anel do nibelungo" era que utilizara moitos instrumentos pesados (tubas wagnerianas, trombóns contrabaixos, trompetas baixas) ademais dunha orquestra bastante xigante, polo que non había un teatro o suficientemente grande para representala. Wagner necesitaba un teatro creado especialmente para facer a súa ópera. O teatro que buscaba Wagner debía ter á orquestra literalmente debaixo do escenario, para que así a orquestra non tapase aos cantantes. Como montar un teatro así debía de ser caro, a Wagner ocorréuselle escribir unha carta a todos os príncipes e personaxes pudendos de Alemaña pedíndolles diñeiro para o proxecto. A cambio na carta dicíalles que desenvolvera un tipo de música xenuínamente xermánica e que iso era o que Alemaña necesitaba para ser superior. Ao final un principe alemán, Ludwig II, de Baviera aceptou e montoulle un teatro en Baireuth. E entre todos decidiron montar un festival cada ano coas óperas de Wagner.  Fonte http://www.audicionescomentadas.com

# Algúns consideraron a Wagner como un aproveitado da boa vontade (ou tolemia) do príncipe Ludwig II de Baviera. 
# Hoxe en día séguese facendo, cada ano, o festival coas óperas de Wagner. O festival dura unha semana e hai unha lista de espera de anos e anos para poder asistir. Coméntase, ironicamente, que algún contemporáneo de Wagner (século XIX) está nesa lista de espera.  

# A participación activa por parte do compositor nos feitos revolucionarios de Dresde (1848-1849) obrigáronlle a refuxiarse primeiro en Weimar xunto a Listz e, ao decretarse a orde de busca e captura contra el, a exiliarse en Suíza.


Wagner e o número 13 
A vida do compositor alemán Richard Wagner (1813-1883) estivo marcada pola sombra do número 13. 
Ademais de nacer en 1813, o seu nome e apelido teñen 13 letras (en alemán, o ch equivale a dúas letras) e os números do seu ano de nacemento suman 13. 
Sentiu o seu primeiro impulso musical un 13 de outubro. Sufriu un desterro de 13 anos. Compuxo 13 óperas, terminando unha das máis famosas, Tannhiiuser, un 13 de abril. Esta mesma obra, que foi estreada en París o 13 de marzo de 1845, estivo cincuenta anos sen ser reposta ata o 13 de maio de 1895. 
A súa primeira actuación á fronte dunha orquestra produciuse en Riga, nun teatro inaugurado un 13 de setembro. Foise a vivir a Bayeuth a unha casa que foi aberta un 13 de agosto e que abandonou un 13 de setembro. 
O seu sogro, Franz Listz, visitouno por última vez o 13 de xaneiro de 1883. 
Como non podía ser menos, Wagner faleceu o 13 de febreiro daquel mesmo ano, no que, por certo, conmemorábase o decimotercer aniversario da unificación nacional alemá.  
Non hai constancia de que Richard Wagner sufrise triscadeicafobia (é dicir, fobia ao número 13), pero evidentemente tivese razóns para iso.

# Se chegaches ata aquí fixeches méritos suficientes para un premio. Sorpréndete con esta escena da película Apocalypse now na que se utiliza un tema musical da "Cabalgata das valquirias".
# Sorpréndete con esta escena da película "O gran dictador" de Charles Chaplin na que utiliza un tema musical da ópera "Lohengrin".