Stravinsky

Stravinsky
Nome:  Ígor Fiódorovich Stravinsky.
Data nacemento: 17 de xuño de 1882, Oranienbaum (Rusia).
Data morte: 6 de abril de 1971, Nova York (Estados Unidos).
Nacionalidade: Rusa, francesa e estadounidense.
Movemento artísitico: Século XX
Artista: Compositor, pianista e director de orquestra.
Obras: 1910 O paxaro de fogo (suite de ballet). 1911 Petruchka (suite de ballet). 1913 A consagración da primavera (suite de ballet). 1918 Asas vodas. 1927 Edipo Rei (ópera oratorio). 1930 Sinfonía dos Salmos. 1936 Xogo de naipes (suite de ballet). 1945 Ebony Concert. 1954 In Memoriam Dylan Thomas. 1966 Requiem Canticles.
O seu pai era un importante cantante de ópera (baixo) na Ópera Imperial. De neno, recibiu leccións de piano, pero o seu pai non alentou para que fixese da música a súa carreira. Igor Stravinsky ingresou na Universidade de San Petersburgo para estudar a carreira de Dereito, pero seguiu tomando sen interrupción leccións particulares de música.
Cando tiña 19 anos, Stravinsky coñeceu a Rimski Korsakov, o gran compositor ruso. Por indicación súa, abandonou Stravinsky o estudo do Dereito e dedicouse de maneira total á composición musical.
Compuxo unha gran cantidade de obras clásicas abordando varios estilos como o primitivismo, o neoclasicismo e o serialismo, pero é coñecido mundialmente sobre todo por tres obras da súa etapa  iniciail: "O paxaro de fogo" (1910), "Petrushka" (1911) e A consagración da primavera (1913).
Para moitos, estes ballets clásicos, atrevidos e innovadores, practicamente reinventaron o xénero. Stravinski tamén escribiu para diversos tipos de conxuntos nun amplo espectro de formas clásicas, desde óperas e sinfonías a pequenas pezas para piano e obras para grupos de jazz.

Outras cousas:

# O estreo da ópera "A consagración da primavera" o 29 de maio de 1913 no teatro dos "campos Elíseos" en París  provocaron no público un dos maiores escándalos da historia da música. O escándalo desta estrea non se debeu só á música. A atrevida coreografía de Nijinsky e o vestiario excesivamente livián dos bailaríns resultaron ser demasiado provocativos para a conservadora sociedade parisiense do momento. As crónicas da época relatan que o público preparou tal rabecha que a música apenas resultaba audible. Os golpes e berros de protesta dos uns mesturábanse coa euforia e os aullidos de apoio dos outros.   Foi unha batalla campal (houbo lanzamento de laranxas ao escenario) na que participaron ata as damas, chegando a concertarse varios duelos que ao día seguinte se levaron a efecto.

# Stravinski, presente no teatro o día do estreo da ópera "A consagración da primavera", retirouse entre bastidores ante o cariz que estaban tomando os acontecementos mentres que Nijinski, empolicado sobre unha caixa, gritaba en ruso aos seus bailaríns os números da coreografía. A todo isto, un xenial Pierre Monteux continuaba impertérrito dirixindo á orquestra, coma se a cousa non fose con el, á vez que se acendían e apagaban as luces da sala nun desesperado intento de tranquilizar o tumulto alí organizado. A condesa de Pourtales, presa dun soponcio, rompeu o seu abanico da rabia e comezou a gritar vermella de cólera: "¡É a primeira vez que se burlan de min!".

# O argumento da ópera "A consagración da primavera" xa resultaba bastante forte: trataba do sacrificio ritual dunha moza virxe, elixida para celebrar a chegada da primavera bailando ata a morte ante a súa tribo. Todo iso desenvolvíase no escenario dunha Rusia arcaica, pagá e étnica. É este argumento o que condiciona a Stravinsky para deseñar unha obra chea de recursos rítmicos e percusivos, case salvaxes, que rozan o obsesivo.

# Cóntase que en 1.966, Leonard Bernstein, logo de dirixir espectacularmente A Consagración da primavera, achegouse apresuradamente a Stravinsky e axeonllouse ante el, a modo de dramática homenaxe. O mestre Stravinsky reaccionou dicindo bruscamente: "Lenny, todos os teus tempos estiveron mal." 

# Un deses modelos de coches que está só ao alcance duns cantos privilexiados, o BMW 520d, estrea novo anuncio en España baixo o case sempiterno lema da firma no noso país, "Gústache conducir?".
A mensaxe que envía a marca alemá é clara, tal e como indica o slogan "Se algo se pode facer mellor, fagámoslo mellor". E para tal fin sérvese de imaxes de arquivo do compositor ruso Igor Stravinsky mentres preparaba un concerto para orquestra. Nesas imaxes, podemos observar como o seu nivel de perfeccionamento queda moi patente a cada segundo, coidando ata o máis mínimo detalle, que é precisamente a idea que se quere trasladar ao espectador respecto ao acabado do novo automóbil de BMW. 

# A achega de Stravinsky á campaña publicitaria non é meramente visual, senón que tamén se utiliza a súa "Andantino" que forma parte do terceiro movemento da suite "Pulcinella", a mesma peza que ensaia no anuncio unha e outra vez ata obter o resultado esperado. 

Ía ao médico en cada cidade que visitaba e tomaba incesantemente pastillas que el mesmo se recetaba. En 1.934, pouco despois de que o seu fillo maior, Theodore, tivese que ser operado de apendicitis, Stravinsky fíxose extirpar o seu propio apéndice san "como precaución". E a continuación ordenou que fixesen o mesmo aos seus outros tres fillos.

# Falecido en Estados Unidos pero os seus restos mortais foron inhumados en Venecia.

# Foi considerado pola revista "Time" como unha das personalidades máis influentes do século XX.

# Unha das súas citas máis famosas é: "a música é incapaz de expresar nada por si mesma".